Información complementaria: o piano
Inventouno Bartolomeo Cristofori aproximadamente no ano 1700. Como é capaz de producir tanto sons fortes como piano deulle o nome de pianoforte, que co tempo quedou en piano.
É un instrumento de corda percutida mediante uns pequenos mazos que
move un complexo mecanismo activado co teclado. Dá entre 85 e 88 notas.
Existen dous tipos de pianos actualmente, o vertical ou de parede e o piano de cola.
Ademais das teclas ten dous ou tres pedais que permiten, por unha banda, que o son ou sons se prolonguen e misturen e pola outra banda outro pedal serve como sordina para suavizar a intensidade dos sons.
Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 10:34 AM