Edvard Grieg
Edvard Grieg
(Bergen, 1843 – id. 1907). Compositor noruego. Aínda que a súa música se inspira na música tradicional noruega era un gran coñecedor da música de toda Europa na súa época.
A súa obra consta de pezas para cantar e música instrumental, e entre as composicións máis significativas figuran o Concerto para piano e orquestra en la menor (1869) e a suite Peer Gynt (1875) que está baseada nas andanzas de Peer Gynt, un personaxe ambicioso e extraordinariamente imaxinativo, que recorre o mundo protagonizando fantásticas aventuras.
Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 10:34 AM