Xéneros da música tradicional galega.
Requisitos do completado
Nocións básicas sobre os diversos tipos de músicas tradicionais de Galicia.
10. Cantos de traballo
Vinculados ao traballo estaban os cantos de arada, de seitura, de mazar o liño -as espadeladas- e para outros traballos similares.
Tamén había cantos asociados a oficios concretos: cantos de arrieiro, de canteiro, de ferreiro... Estes cantos eran, ou ben de ritmo e interpretación libre, ou ben de ritmo moi marcado e axeitado ao ritmo propio de traballo e do movemento do corpo ao traballar. Deste xeito, estes cantos axudaban a levar a soidade do momento ou axeitar o ritmo de traballo moitas veces colectivo.