A nosa maqueta vai ser un ecosistema mariño. Pero, que é un ecosistema? 

Agora necesitamos coñecer algúns aspectos dos ecosistemas mariños:

Entre os sete debedes tomar as seguintes decisión: 

  • Que elementos do mundo mariño queredes introducir? Facede unha lista de elementos que introduciredes na maqueta (seres vivos e seres inertes do propio ecosistema mariño). Será útil revisar a nube de palabras que fixestes na primeira sesión, o listado de palabras clave que sacastes dos libros informativos da biblioteca e incluso os propios libros. 
  • De que tamaño queremos facer a nosa maqueta? - Tomade unha regra e estimade o longo e ancho da maqueta para que colla todo o que queremos introducir.
  • Mans á obra! Por hoxe non tomaremos máis decisións, pero empezaremos a elaborar con plastilina algúns elementos da maqueta. A continuación tedes uns vídeos con algúns titoriais: 

VÍDEO 1 - Polbo, golfiño, orca, tartaruga

VÍDEO 2 - Peixes

VÍDEO 3 - Cangrexo

Última modificación: domingo, 5 de outubro de 2025, 8:20 PM