OPCIÓNS DE REPASO PARA VERÁN
Lembrade que o fundamental é que LEAN moito de forma comprensiva e que REDACTEN pequenos textos que poidan escribir dun xeito natural e que resulte motivador para elas/eles: listados, diarios, cartas ou postais, contos... Non obstante, a continuación tedes outras opcións de repaso:
1.- Na bolsiña que lles din o último día, vai un sobre con orientacións para o verán. Podedes lelo tamén aquí --> Orientacións verán para as familias.
2.- No arquivador moitas nenas e nenos levaron algunhas tarefas pendentes de rematar e que poden facelo estes días.
3.- Pode ser interesante rematar as páxinas dos libros que quedaron pendentes por facer, tanto de matemáticas como o globalizado de lingua e ciencias.
4.- Ademais, tedes outros recursos nas diferentes seccións desta aula virtual por se os vosos fillos queren recordar algún contido.
5.- Finalmente, déixovos nesta sección diferentes recursos imprimibles para poder repasar contidos de mates e lengua segundo o nivel no que se atopen.