SESIÓN 5 - Tomando decisións (7 outubro)
Requisitos do completado
A nosa maqueta vai ser un ecosistema mariño. Pero, que é un ecosistema?
Agora necesitamos coñecer algúns aspectos dos ecosistemas mariños:
Entre os sete debedes tomar as seguintes decisión:
- Que elementos do mundo mariño queredes introducir? Facede unha lista de elementos que introduciredes na maqueta (seres vivos e seres inertes do propio ecosistema mariño). Será útil revisar a nube de palabras que fixestes na primeira sesión, o listado de palabras clave que sacastes dos libros informativos da biblioteca e incluso os propios libros.
- De que tamaño queremos facer a nosa maqueta? - Tomade unha regra e estimade o longo e ancho da maqueta para que colla todo o que queremos introducir.
- Mans á obra! Por hoxe non tomaremos máis decisións, pero empezaremos a elaborar con plastilina algúns elementos da maqueta. A continuación tedes uns vídeos con algúns titoriais:
VÍDEO 1 - Polbo, golfiño, orca, tartaruga
VÍDEO 2 - Peixes
VÍDEO 3 - Cangrexo
Última modificación: domingo, 5 de outubro de 2025, 8:20 PM