E.F. Aula Virtual

E.F. Aula Virtual

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2

Bo día:

Pensando na especialidade de Educación Física, gustaríame organizala de xeito independente respecto aos cursos.

Agora está incluida dentro de cada curso xunto coas outras asignaturas e a cantidade de información dos cursos é moitísima.

Organizar un apartado específico, Como AFTD.

Poderías comentar algunhas orientacións-recomendacións para organizar o apartado da asignatura? (cursos, grupos etc.)

Grazas

Un saúdo

Begoña

En resposta a Usuario eliminado

Re: E.F. Aula Virtual

por Usuario eliminado -

Boas,

Aquí entrarían en xogo duas cuestións:

  1. A parte técnica. Habería que crear un curso (AFTD é un curso, p.ex.), para o que terías que ter o rol de course creator ou o de administrador, e logo ir a crear curso, especificar se o queres por semanas o por temas (recomendo esto último), configurar o curso, matricular aos participantes...
  2. A parte lóxica. Neste caso sería preguntarse: é mellor ter un curso na aula virtual por cada área, por cada nivel, por cada grupo? O que nos levaría a outras preguntas do tipo: que tipo de uso imos a facer de Moodle? Que tipo de ensinanza-aprendizaxe defende o noso PE? Contémplase nas NOF algo sobre o uso da aula virutal? Debería deixarse liberdade plena de acción ao claustro nestes aspectos como a creación e estruturación na aula virtual?

A resposta á cuestión 1 podería exemplificala nun vídeo, ou recomendarte un titorial, aínda que o primeiro sería que consultaras co administrador do Moodle do centro (que supoño será alguén do equipo directivo).

Pero iso non é o importante: o primeiro é ter clara a cuestión 2. E aquí, obviamente, non che podo dicir nada concreto porque esto deberían ser decisións de centro e teríades que falalo co equipo directivo. Para que non pareza que estou eludindo a resposta, e tendo en conta que nin coñezo a vosa realidade nin podo entrar en pormenores por falta de tempo/espacio: na miña opinión é unha cuestión moi dependente do contexto e da liña de centro, e do que se decida e recolla na documentación institucional (especialmente se hai moito movemento de profesorado cada ano):

  • Se o centro defende unha ensinanza competencial, o traballo por proxectos, a interdisciplinariedade, o traballo en equipo (ollo, que tamén é do profesorado), ao mellor ten máis lóxica organizar un curso en Moodle por cada nivel, e dentro del todas as áreas que "se mesturarán".
  • Se o centro traballa máis ben por áreas curriculares (típico en Bacharelato, e bastante en ESO), pois ao mellor é máis sensato que cada área ou departamento teña o seu curso ou sección en Moodle, e logo dentro da sección diferencie un curso por nivel, etc.
  • Se o claustro domina Moodle sería máis lóxico un curso por nivel e dentro diso facer grupo (algo que non vimos aquí) para cada grupo/clase, para poder facer algunhas cousas de forma conxunta e outra por separado.

En fin, podería seguir cunha ristra de "se o centro...", pero supoño que se entende que é algo que debe decidir o equipo directivo, o centro ou o equipo TIC (igual que se deciden outras cousas como o formato das programacións, o uso da biblioteca, etc.). Na aula virtual, como calquera outra cousa do centro, non debería funcionar por libre, senón que debería haber uns consensos e normas. É importante para dar unha imaxe unificada, facela máis comprensible ao alumnado e familias, evitar problemas, facela máis perdurable...

Sinto non poder axudarte máis, aínda que se queres falámolo (tes o meu contacto no foro de novas).

Grazas e un saúdo.