Primeiras prácticas

Primeiras prácticas

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Boas a todos/as,

Xa vin que a maioría fixo as primeiras prácticas: a da etiqueta e a do foro. Durante o día de hoxe, venres, deixereivos unha ou dúas máis.

Respecto dos foros que creáchedes, xa puidestes ver que é doado cando empregamos configuracións básicas. O complicado é máis ben idear a actividade, saber como debemos describila para que non haxa dúbidas, se debemos crear nós algúns fíos ou deixar que sexan os alumnos quenes o fagan...

Creo que o Alumno Pantasma xe entregou algunhas tarefas ou fixo preguntas, así que agora teríades que calificalo e que responderlle. Ollo, que algunhas pode que estén ben, outras mal, e outras a medias, ou que incluso intentase crear algo de polémica nalgún foro, así que teredes que mediar no caso. Como? Pois ou eliminando esa mensaxe, ou chamándoo á orde no foro, ou calificándoo negativamente, ou dándolle un toque pola mensaxería interna...

Saber xestionar este tipo de cousas tamén é importante, así que si eso a semana que ven poderiamos falar de titorización en liña durante un ratiño.

Seguimos. Grazas e un saúdo.