Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. PFPP24-25
  3. 4. As actividades de Moodle
  4. Práctica 5. Engade unha tarefa con rúbrica no tema 2 do curso

Práctica 5. Engade unha tarefa con rúbrica no tema 2 do curso

Requisitos do completado

Nesta tarefa traballeremos as seguintes funcionalidades da aula virtual:

  1. Coñecer os distintos tipos de actividades que ofrece Moodle.
  2. Experimentar a creación de tarefas e a súa avaliación con rúbricas.

Pasos para realizar a tarefa Pasos para realizar a tarefa:

  1. Accede ao teu curso.
  2. Activa o modo edición.
  3. No tema 2 do teu curso, pulsa na ligazón Engadir unha actividade ou un recurso e engade unha Tarefa coas seguintes características:
  4. - Nome da tarefa: Tarefa 1.
    - Descrición: neste apartado debes escribir o texto co enunciado da tarefa. Aquí debes explicar en que consiste a tarefa e como queres que a realice o alumnado. En concreto, nesta tarefa debes pedirlles que fagan un traballo relacionado co tema 2 do teu curso e que entreguen este traballo nun ficheiro con formato PDF.
    - Dispoñibilidade: este apartado debes desmarcar tódalas celas de activar.
    - Tipos de entrega: entregas de ficheiros.
    - Cualificación: en puntuación máxima debes indicar 10 (en lugar de 100) e en Método de cualificación debes seleccionar Rúbrica.
    Todos os demais campos deberás deixalos cos valores por defecto.
  5. Pulsa o botón Gardar e volver ao curso.
  6. Crea unha rúbrica para avaliar esta tarefa, seguindo os pasos do apartado 4.9 A rúbrica como método de avaliación das tarefas deste curso.
    Usa a rúbrica de exemplo dese mesmo apartado.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle