practica. Crea etiquetas no teu curso
Requisitos do completado
Nesta tarefa teremos que crear e configurar etiquetas como elemento organizativo e estético dentro do esquema do curso.
Pasos para realizar a tarefa:
- Accede ao teu curso.
- Activa o modo edición.
- No tema 1 do teu curso, pulsa na ligazón Engadir unha actividade ou un recurso e engade unha etiqueta co seguinte texto: Contidos.
Características do texto:
- Fonte: Impact.
- Subliñado.
- Cor: azul. - No mesmo tema 1, insire da mesma maneira outra etiqueta co seguinte texto: Actividades.
Características do texto:
- Fonte: Impact.
- Subliñado.
- Cor: vermello. - Coloca as mesmas dúas etiquetas tamén nos temas 2, 3, 4 e 5.
- Observa a imaxe que aparece aquí, a continuación, que che poñemos como exemplo de como deben ser as etiquetas e como deben quedar colocadas.
![]() |
| Imaxe 3.7.1 Inserir etiquetas |
NOTA: Como podes comprobar, as etiquetas que debes crear son moi sinxelas xa que consisten simplemente nunha palabra coa fonte de texto nunha determinada cor. Se o desexas, podes engadirlles algún outro elemento a estas etiquetas, como por exemplo un carácter non alfabético, un símbolo, unha icona...
IMPORTANTE: Para poder especificar o tipo de fonte de texto, é probable que teñas que modificar o editor de texto predeterminado e escoller, por exemplo, o HTML TinyMCE. Lembra que isto está explicado no apartado 1.8. Como usar o editor de texto de Moodle.
