ROSALÍA NO NOSO COLE
CURSO 2011-2012
Conmemorando o Día de Rosalía, o alumnado de Educación Infantil elaborou un libriño co poema "Teño tres pitas brancas...", que tamén se traballou a través dun lim.

CURSO 2012-2013
Educación Infantil e o 1º Ciclo de Primaria celebraron o 150 Aniversario da obra "Cantares Gallegos" facendo un díptico con esta información.
Tamén se levou a cabo o concursiño "Debuxando a Rosalía", no que cadaquén retrataba á poeta.

Coa celebración do Día do Libro, elaborouse un cartel cun poema de Rosalía.

O Recital Poético da Semana Cultural baseouse no recitado de poemas de "Cantares Gallegos".

CURSO 2013-2014
Felicitamos o Nadal ás familias ilustrando unha Alborada de Rosalía. A postal gañadora convertiuse na felicitación de Nadal do cole.

Confección dunmural-graffiti polo alumnado de Infantil e 1º Ciclo, para celebrar o Día de Rosalía, no que elexiron e decoraron palabras relacionadas coa autora.

O alumnado do 2º Ciclo de Primaria tamén elaborou un mural con poemas de "Cantares Gallegos".


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License