Section outline

  • Nesta primeira entrada queremos achegar unha recompilación de consellos de diferentes especialistas, organizacións e colectivos. 

    Desexamos que sexan de axuda!

    • --"Consellos psicolóxicos ante o cofinamento" da COPOE para afrontar da mellor maneira posible esta situación.

    • --Pautas para desenvolver un concepto de moda..."a resiliencia" a través dos consellos psicolóxicos de Elena San Martín Suárez

    • --Save the Children elaborou no marco do proxecto "A tu lado" este pequeno video-resumo sobre consellos para pais e nais en tempos de coronavirus.

    • --O Servizo de Psicoloxía Aplicada da UNED achéganos unha guía resumida neste video, dirixida a pais e nais, para o afrontamento psicosaudable da situación excepcional producida polo COVID-19.

    • --Todo o día na casiñaA Secretaría Xeral de Política Lingüística promove este videoclip co obxectivo de animar á xente miúda da casa nestes días de confinamento. Porque a  #aculturasegue e a lingua galega non para!!!

  • "Non deixamos de xogar porque nos facemos maiores, facémonos maiores porque deixamos de xogar" (George B. Shaw)

    As nosas prioridades son a motivación, a diversión e a aprendizaxe a partes iguais, por iso nesta sección queremos ofrecer algúns xogos libres de descarga que xa foron introducidos no cole co gallo da nosa PDI deste curso. 

    Animádesvos a xogar?

    • PALABREA

      Xogo educativo de cartas a doble cara. Nunha delas aparecen categorías e noutra a letra da mesma cor pola cal debe empezar. A primeira persoa en decir a palabra gañará todas as tarxetas da ronda, para convertirse en campeón.

    • GRABOLO JUNIOR

      Xogo de mesa educativo para desenvolver a lóxica e a rapidez, que se compón por dous dados que indican combinación de cor e animal que hai que buscar. 

    • CUCUTRÁS

      Xogo de memoria a partir de 4 anos, onde hai que recordar o que hai en cada carta. Un xogador deberá darlle a volta a unha das cartas sen que os demais o vexan e, tras iso, o resto de xogadores localizar a carta a que lle dou a volta. Gañará o que antes a localice e a toque.

    • DOBBLE

      Xogo de mesa de rapidez mental e visual, na que os xogadores deben detectar o símbolo coincidente entre dúas cartas. A explicación do xogo podedes visualizala neste video.

    • ALTO VOLTAJE

      Xogo aconsellado a partir de 8 anos para desenvolver a habilidade matemática resolvendo sumas ou restas. As cartas están compostas por un número grande nas esquinas que haberá que sumar ou restar ao número pequeno do centro. Entre as túas cartas deberás buscar ese resultado!

    • TOMA 6

      Xogo de cartas a partir de 9 anos que se basea no azar e na estratexia. Neste xogo débense crear catro filas de 5 cartas en cada unha. O/a xogador/a que coloque a sexta carta deberá quedar con todas as cartas da fila, pero coidado...que non che toquen as que puntúan en negativo!

  • A lectura ábrenos un máxico mundo no cal todo é posible. Só por iso, queremos compartir con todos e todas vós algúns contos libres de descarga que vos poden gustar.

    • Compartimos algúns contos para os máis pequenos da casa de forma ilustrativa para explicarlles por que nestes días non podemos saír da casa.

    • Video-conto "Esta loita gañámola xuntos" elaborado por unha profe compañeira, explícanos a situación que estamos a vivir, mediante unha intervención metafórica dos distintas personaxes implicados nesta loita.

    • Contos infantiles con pictogramas, para aqueles nenos e nenas nos que a ruta de aprendizaxe preferente sexa a visual.

    • Valorar e aceptar as diferenzas entre as persoas, son a base destes contos que a través das súas historias motivadoras transmítennos a importancia da diversidade.