1. Introdución. Xeralidades do proxecto.

A incorporación xeneralizada das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) ao sistema educativo constitúe, en todos os sistemas educativos europeos, unha peza fundamental no cambio metodolóxico enfocado a unha mellora na calidade educativa para todo o alumnado, con independencia das súas condicións e circunstancias.En Unplash baixo licenza

Así mesmo no artigo 111 bis da LOE, na redacción establecida pola LOMCE, abórdanse as TIC, instando no apartado 5 a que as administracións educativas, e os equipos directivos dos centros, promoverán o uso das TIC na aula, como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe.
No apartado 2 dese mesmo artigo, sinala que os entornos virtuais de aprendizaxe que se empreguen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans específicos deseñados polos docentes para a consecución dos obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír a extensión do concepto de aula no tempo e no espazo, permitindo a os alumnos e alumnas ao acceso desde calquera sitio e en calquera momento.

Neste contexto deseñouse un programa de educación dixital para Galicia, baseado nas fortalezas ata agora acadadas polo desenvolvemento do proxecto Abalar pero necesario para facilitar o acompañamento da transformación educativa que se está a producir nos sistemas educativos estatais e europeos, e polo tanto no galego, tanto desde unha perspectiva curricular como metodolóxica que leva implícito facilitar contornas virtuais de aprendizaxe e contidos dixitais adecuados.



Imaxe en unsplash.com baixo licenza Creative Commons Zero