PROXECTO EDIXGAL

Sitio: Aula Virtual
Curso: WEB COLE
Libro: PROXECTO EDIXGAL
Impreso por: Usuario convidado
Data: martes, 7 de abril de 2026, 5:39 PM

Descrición

PROXECTO EDIXGAL

1. Introdución. Xeralidades do proxecto.

A incorporación xeneralizada das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) ao sistema educativo constitúe, en todos os sistemas educativos europeos, unha peza fundamental no cambio metodolóxico enfocado a unha mellora na calidade educativa para todo o alumnado, con independencia das súas condicións e circunstancias.En Unplash baixo licenza

Así mesmo no artigo 111 bis da LOE, na redacción establecida pola LOMCE, abórdanse as TIC, instando no apartado 5 a que as administracións educativas, e os equipos directivos dos centros, promoverán o uso das TIC na aula, como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe.
No apartado 2 dese mesmo artigo, sinala que os entornos virtuais de aprendizaxe que se empreguen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans específicos deseñados polos docentes para a consecución dos obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír a extensión do concepto de aula no tempo e no espazo, permitindo a os alumnos e alumnas ao acceso desde calquera sitio e en calquera momento.

Neste contexto deseñouse un programa de educación dixital para Galicia, baseado nas fortalezas ata agora acadadas polo desenvolvemento do proxecto Abalar pero necesario para facilitar o acompañamento da transformación educativa que se está a producir nos sistemas educativos estatais e europeos, e polo tanto no galego, tanto desde unha perspectiva curricular como metodolóxica que leva implícito facilitar contornas virtuais de aprendizaxe e contidos dixitais adecuados.



Imaxe en unsplash.com baixo licenza Creative Commons Zero

2. Introdución. Xeralidades do proxecto.

O entorno virtual de traballo é o entorno web accesible onde os usuarios do sistema (administración, profesores, alumnos, familias, …) empregan os recursos educativos dixitais, crean novos recursos, editan e organizan os existentes (sempre que as condicións das licenzas destes recursos así o permitan), interaccionan entre eles, e rexistran a actividade.

Co Entorno virtual de aprendizaxe ponse a disposición da comunidade educativa contidos curriculares dixitais que cubren de xeito completo o currículo oficial na comunidade de Galicia dos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

5º de Educación Primaria, dende comezo do curso 2014/2015

6º de Educación Primaria, dende comezo do curso 2015/2016

1º de Educación Secundaria Obrigatoria, dende comezo do curso 2015/2016

2º de Educación Secundaria Obrigatoria, dende comezo do curso 2016/2017

A oferta editorial do proxecto EDixgal para o curso 2014/2015 abrangue recursos das seguintes editorias, as súas particularidades son tratadas en detalle nos capitulos 3 e 4 do libro "Recursos Editoriais " do bloque 2 do presente curso.:

3. Introdución. Xeralidades do proxecto.

Entorno virtual de traballo sen conectividade (modo off-line) para dispositivos de usuario

O acceso ao EVA , pode ser en modo on-line (cando o dispositivo está conectado a unha rede de datos cableada, a unha rede de datos sen fíos (WIFI), o a unha rede de datos a través dun operador de telefonía móbil (3G, 4G, ...), ou en modo off-line (cando non estea dispoñible dita conexión a unha rede de datos ).

  • No caso do modo on-line, o acceso realizase través dun navegador (ao menos a través do navegador dispoñible na versión actual da Maqueta Abalar, Mozilla Firefox)
  • No caso do modo off-line, o EVA dispón dun entorno virtual de traballo, que permite a descarga dos contidos educativos dixitais, actividades e recursos necesarios dende o EVA ao dispositivo en condicións de conectividade, e o seu uso en condicións de ausencia de conectividade, e a actualización do seguimento das actividades e uso dos recursos dende o dispositivo ao EVA en condicións de conectividade, e almacenaxe dese seguimento no dispositivo mentres existan condicións de ausencia de conectividade.

Este sistema permita as seguintes funcionalidades:

  • Autenticarse ante el empregando as credenciais que se empregan no acceso a EVA
  • Descargar dende a EVA a este sistema no dispositivo, contidos educativos, recursos, actividades cando se teña conectividade entre este sistema e o EVA (con conectividade – on-line)
  • Empregar os contidos, recursos descargados cando non haxa conectividade (sen conectividade – off-line)
  • Realizar as actividades aínda que non haxa conectividade (sen conectividade – off-line)
  • Rexistrar o seguimento das actividades e usos realizados aínda que non haxa conectividade (sen conectividade – off-line)
  • Sincronizar o seguimento das actividades e usos entre este sistema e a EVA cando haxa conectividade (con conectividade – on-line)
  • A xestión dos contidos, recursos e actividades descargados, para poder eliminalas, ou organizalas

4. Introdución. Xeralidades do proxecto.

O Visor EVA é unha nova ferramenta que se incorpora aos netbooks dos alumnos, como medio alternativo para a visualización dos contidos dixitais do proxecto E-DIXGAL.
Esta nova ferramenta non substitúe ao actual cliente off-line (EVA Off line), senón que o complementa como unha nova canle de acceso aos contidos.
Deste xeito, a partir de agora os alumnos verán estas dúas ferramentas no menú “Educación” dos seus equipos:

  • EVA Offline
  • Visor EVA
Requerimentos para o funcionamento do Visor EVA

Para o correcto funcionamento do Visor EVA é necesario ter en conta os seguintes aspectos:

      • Este visor está destinado a ser usado única e exclusivamente nos equipos ultraportátiles Abalar dos alumnos.
      • Para poder visualizar os contidos no Visor EVA é preciso que os contidos xa estean previamente precargados no equipo do alumno.

Para asegurarnos de que isto sexa así, o alumno debeu identificarse (introducindo o seu nome de usuario e contrasinal) como mínimo 1 vez na ferramenta Eva Offline.
Isto só será necesario facelo se o alumno aínda non se identificou nunca no EVA Offline.

Comprobación da correcta instalación do Visor EVA

A instalación do Visor EVA realízase de forma automática nos netbooks dos alumnos.Se a ferramenta xa está instalada, poderemos ver no menú “Educación” do equipo do alumno a seguinte icona de acceso directo.

Acceso aos contidos desde os menús do Visor EVA

O Visor EVA permítelle ao alumno un acceso completo e sen ningunha restricción aos contidos das dúas editoriais presentes actualmente no proxecto E-DIXGAL.

      • Contidos de NETEX: Aparecen sempre situados na parte esquerda (recadro azul) do menú flotante.
      • Contidos de EDEBÉ: Aparecen sempre situados na parte dereita (recadro laranxa) do menú flotante.

.