4. Introdución. Xeralidades do proxecto.

O Visor EVA é unha nova ferramenta que se incorpora aos netbooks dos alumnos, como medio alternativo para a visualización dos contidos dixitais do proxecto E-DIXGAL.
Esta nova ferramenta non substitúe ao actual cliente off-line (EVA Off line), senón que o complementa como unha nova canle de acceso aos contidos.
Deste xeito, a partir de agora os alumnos verán estas dúas ferramentas no menú “Educación” dos seus equipos:

  • EVA Offline
  • Visor EVA
Requerimentos para o funcionamento do Visor EVA

Para o correcto funcionamento do Visor EVA é necesario ter en conta os seguintes aspectos:

      • Este visor está destinado a ser usado única e exclusivamente nos equipos ultraportátiles Abalar dos alumnos.
      • Para poder visualizar os contidos no Visor EVA é preciso que os contidos xa estean previamente precargados no equipo do alumno.

Para asegurarnos de que isto sexa así, o alumno debeu identificarse (introducindo o seu nome de usuario e contrasinal) como mínimo 1 vez na ferramenta Eva Offline.
Isto só será necesario facelo se o alumno aínda non se identificou nunca no EVA Offline.

Comprobación da correcta instalación do Visor EVA

A instalación do Visor EVA realízase de forma automática nos netbooks dos alumnos.Se a ferramenta xa está instalada, poderemos ver no menú “Educación” do equipo do alumno a seguinte icona de acceso directo.

Acceso aos contidos desde os menús do Visor EVA

O Visor EVA permítelle ao alumno un acceso completo e sen ningunha restricción aos contidos das dúas editoriais presentes actualmente no proxecto E-DIXGAL.

      • Contidos de NETEX: Aparecen sempre situados na parte esquerda (recadro azul) do menú flotante.
      • Contidos de EDEBÉ: Aparecen sempre situados na parte dereita (recadro laranxa) do menú flotante.

.