PROXECTO EDIXGAL
Requisitos do completado
PROXECTO EDIXGAL
3. Introdución. Xeralidades do proxecto.
Entorno virtual de traballo sen conectividade (modo off-line) para dispositivos de usuario
O acceso ao EVA , pode ser en modo on-line (cando o dispositivo está conectado a unha rede de datos cableada, a unha rede de datos sen fíos (WIFI), o a unha rede de datos a través dun operador de telefonía móbil (3G, 4G, ...), ou en modo off-line (cando non estea dispoñible dita conexión a unha rede de datos ).
- No caso do modo on-line, o acceso realizase través dun navegador (ao menos a través do navegador dispoñible na versión actual da Maqueta Abalar, Mozilla Firefox)
- No caso do modo off-line, o EVA dispón dun entorno virtual de traballo, que permite a descarga dos contidos educativos dixitais, actividades e recursos necesarios dende o EVA ao dispositivo en condicións de conectividade, e o seu uso en condicións de ausencia de conectividade, e a actualización do seguimento das actividades e uso dos recursos dende o dispositivo ao EVA en condicións de conectividade, e almacenaxe dese seguimento no dispositivo mentres existan condicións de ausencia de conectividade.
Este sistema permita as seguintes funcionalidades:
- Autenticarse ante el empregando as credenciais que se empregan no acceso a EVA
- Descargar dende a EVA a este sistema no dispositivo, contidos educativos, recursos, actividades cando se teña conectividade entre este sistema e o EVA (con conectividade – on-line)
- Empregar os contidos, recursos descargados cando non haxa conectividade (sen conectividade – off-line)
- Realizar as actividades aínda que non haxa conectividade (sen conectividade – off-line)
- Rexistrar o seguimento das actividades e usos realizados aínda que non haxa conectividade (sen conectividade – off-line)
- Sincronizar o seguimento das actividades e usos entre este sistema e a EVA cando haxa conectividade (con conectividade – on-line)
- A xestión dos contidos, recursos e actividades descargados, para poder eliminalas, ou organizalas