Por que soa isto?
Os instrumentos de Vento
Os instrumentos de vento caracterízanse pola grande diversidade de timbre que presentan. O son débese á vibración do aire dentro do tubo.
Da maneira de introducir o aire dependerá a que subgrupo pertencerá.
Así os instrumentos de vento pódense dividir en:
|
Instrumentos de vento
|
Instrumentos de metal. O timbre adoita ser forte e con son metálico, e prodúcese pola vibración dos beizos nunha boquilla metálica en forma de copa. |
https://es.wikipedia.org/wiki/Boquilla#/media/File:Embouchure_profil.jpg. Boquilla de trompeta (CC0)
|
|
Instrumentos de madeira. O timbre é máis suave e melodioso, e o son prodúcese ao soprar por un burato (embocadura de bisel) ou facendo vibrar unha cana ou palleta, dobre (como na gaita ou no oboe) ou simple (saxo, clarinete). |
https://es.wikipedia.org/wiki/Boquilla#/media/File:Boquilla_clarinete_001.jpg. Palleta simple de clarinete (CC0)
|
A altura do son depende de varios aspectos:
- Da lonxitude do tubo: canto máis longo sexa, máis grave será o son.
- Algúns instrumentos poden aumentar ou diminuír a súa lonxitude, mediante pistóns, chaves, buracos, etc.
- Do ancho do tubo: canto maior sexa o ancho máis grave, canto máis fino máis agudo.
- A presión do aire: canto maior sexa a presión, máis agudo será o son.
Os Instrumentos de corda
Os instrumentos de corda ou cordófonos son instrumentos musicais que producen sons por medio das vibracións dunha ou máis cordas que están tensas entre dous puntos do instrumento; sons que son trasmitidos a unha caixa de resonancia cando as cordas son beliscadas, fretadas ou percutidas.
Os instrumentos de corda divídense en tres subgrupos en función de como son tocados:
| corda fretada |
a corda ponse en vibración por medio do fretamento cun arco |
|
|
corda pulsada ou punteada |
a corda ponse en vibración mediante a pulsación da propia corda cos dedos ou cun plectro |
![]() |
| corda percutida |
a corda ponse en vibración ao ser golpeada por un pequeno martelo |
![]() |
Os instrumentos de corda baséanse na frecuencia das ondas sonoras que as cordas emiten que dependen de tres factores:
- a densidade linear das cordas (a masa da corda dividida pola súa lonxitude),
- o módulo da tracción a que están sometidas (se a corda está máis apertada ou frouxa no brazo do instrumento)
- e a lonxitude linear da corda.
Iso significa que podemos alterar a altura das notas e súa afinación ao variar calquera desas características:
- A maior tensión producirá notas máis agudas.
- A maior lonxitude producen notas máis graves que as máis curtas.
- A maior grosor producen notas máis graves que as máis finas.
Os instrumentos utilizan variacións desas características para definir a frecuencia fundamental de cada corda.
- Hai instrumentos en que todas as cordas teñen a mesma lonxitude, mais a tensión e espesura varían, como a guitarra.
- Noutros todas as cordas teñen a mesma espesura e soamente a lonxitude e a tensión varían, como nalgunhas liras e cítaras.
- Hai aínda aqueles en que as tres características varían de corda a corda para obter toda a extensión do instrumento, como no piano.
Hai unha gran variedade de formatos, tamaños, cantidades de cordas e maneiras de executar instrumentos de cordas, mais o que todos teñen en común é que as cordas son estendidas entre dous puntos de apoio (normalmente chamados cabaletes) e tensionadas por algún mecanismo de control da tensión das cordas, por parafusos, caravilleiros ou pancas.
Debido ao pequeno volume sonoro que a vibración dunha corda produce, a maioría dos instrumentos de cordas teñen unha caixa acústica que amplifica o son producido, como o caso do violín, da viola, do violoncello, do contrabaixo e da guitarra.
- Moitos destes instrumentos teñen cordas presas a un brazo e as lonxitudes relativas das cordas son variadas mediante a presión feita polos dedos dunha das mans
- Noutros casos, as lonxitudes das cordas non varían durante a execución. Na maioría destes, hai unha corda para cada nota
Os instrumentos de percusión
Son un tipo de instrumento musical que orixinan o seu son ao ser golpeado ou axitado, sendo, se cadra, o tipo máis antigo de instrumento musical.
Hai no grupo da percusión unha grande variedade de timbres.
Úsanse para crear patróns de ritmos e tamén para emitir notas musicais
Segundo a súa afinación poden ser:
| De altura definida |
Os que producen notas identificables, coma o timbal, o vibráfono, a campá tubular, o glockenspiel... |
|
| De altura indefinida |
Os que producen notas non identificables, coma o bombo, a caixa, castañolas, güiro, batería.... |
![]() |
Segundo outro criterio se poderían clasificar en catro categorías que son:
- Membranófonos , que empregan unha membrana tensada.
- Micrófonos, que engaden timbre ao son do golpe.
- Idiófonos, que soan de seu, coma o triángulo.
- Placófono, placas metálicas que se baten.
Esta clasificación tampoco es estricta, por ejemplo, la pandereta es un membranófono y un idiófono porque tiene ambos, en la piel y en los cascabeles.



