Saltar navegación

Menudas Familias

Os instrumentos musicais, igual que a xente, pertencen a familias. Igual que os irmáns normalmente teñen parecidos entre eles, entre os instrumentos das distintas familias tamén hai parecidos. 

O parecido máis grande é por compartir un elemento que os fai soar, e así temos tres grandes familias:

  • Os instrumentos da familia do vento, que producen o son ao facer vibrar o aire que hai nun tubo sonoro, coma a frauta.
  • Os instrumentos da familia da corda, que soan ao vibraren as cordas tensadas que teñen na súa estrutura coma o violín.
  • Os instrumentos da familia da percusión, que soan ao vibrar cando os golpeamos coma o tambor.

Pero dentro de cada familia volve a haber divisións, como podes ver neste cadro:

familias instrumentais