• As tarefas, por lei, non contarán para a nota. Debemos entender a estratexia que vos propoño como unha proposta. Cada quen xestionará a situación do xeito que mellor lle conveña nas súas casas. Eu só son un apoio.
  • A comunicación instantánea realizarémola através de Whatasapp (mensaxes de difusión e mensaxería privada). En canto ao tempo de resposta ás vosas consultas vai depender tamén da miña situación persoal, xa que teño que turnarme con Marina para atender a Lola e máis a León. En todo caso non dubidedes en preguntar todo canto se vos ocorra e eu ireino respondendo na medida da miña dispoñibilidade.
  • Ao longo dos días irei enviando novas propostas, na medida en que a vaia deseñando.
  • Si algún neno ou nena precisa indicacións especiais comunicaréivolo de xeito privado.
Última modificación: luns, 16 de marzo de 2020, 3:34 PM