Adaptación de contos
Este Libro é un dos materiais cos que traballamos no centro. Empregámolo, principalmente, para traballar un sentimento.
Coa finalidade de que o alumno con TEA así como o alumnado de Educación Infantil teña acceso a este por si sós, adaptámolo empregando:
- pictogramas de ARASAAC.
- balabolka.
- picPick.
- Araword.
- libro de Te quiero (casi siempre) e Vacío de Anna Llenas, Chocolata de Marisa Núñez
3. Contidos
3.1. Proceso de elaboración
O material que imos necesitar é:
- Conto de Vacío de Anna Llenas.
- Ordenador.
En primeiro lugar, o que fixemos foi fotografar todas as páxinas do libro. Unha vez temos isto e colocamos as fotos nun power point vamos transcribindo o libro con araword.
Co programa picPick recortamos cada una das oracións en pictos que nos dá araword e pegámolas en cada unha das fotografías.
Así ata que rematemos.
Unha vez teñamos esto abrimos Balabolka programa que transforma o texto escrito en oral. Convertimos todo a mp3 e vamos engadindo cada audio a cada páxina.
O resultado é impresionante.