Adaptación de contos
| Sitio: | Aula Virtual |
| Curso: | PFPP 2018: Atención á diversidade. Alumnado con Trastornos do Espectro Autista |
| Libro: | Adaptación de contos |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 8 de abril de 2026, 8:48 PM |
Descrición
Este Libro é un dos materiais cos que traballamos no centro. Empregámolo, principalmente, para traballar un sentimento.
Coa finalidade de que o alumno con TEA así como o alumnado de Educación Infantil teña acceso a este por si sós, adaptámolo empregando:
- pictogramas de ARASAAC.
- balabolka.
- picPick.
- Araword.
- libro de Te quiero (casi siempre) e Vacío de Anna Llenas, Chocolata de Marisa Núñez
1. Xustificación
O noso PFFP intenta dar resposta á necesidade do claustro de Mestres de dar resposta as necesidades de apoio educativo que van xurdindo no nodo día a día.
Por isto fomos elaborando distinto material para comprobar que coa adaptación de materiais que temos no centro podemos dar resposta a capacidades distintas.
2. Obxectivos
-
Dar resposta ás necesidades do alumnado con TEA.
-
Axustar a resposta educativa ao alumnado con TEA.
- Facer accesible e multifuncional o material ordinario.
3. Contidos
- Concreción das necesidades específicas de apoio educativo que precisa o alumnado con TEA.
- Elección de material a adaptar.
- Proceso de elaboración de material.
3.1. Proceso de elaboración
O material que imos necesitar é:
- Conto de Vacío de Anna Llenas.
- Ordenador.
En primeiro lugar, o que fixemos foi fotografar todas as páxinas do libro. Unha vez temos isto e colocamos as fotos nun power point vamos transcribindo o libro con araword.
Co programa picPick recortamos cada una das oracións en pictos que nos dá araword e pegámolas en cada unha das fotografías.
Así ata que rematemos.
Unha vez teñamos esto abrimos Balabolka programa que transforma o texto escrito en oral. Convertimos todo a mp3 e vamos engadindo cada audio a cada páxina.
O resultado é impresionante.