Section outline

  • OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

    • Pensa no teu instrumento favorito e responde ás seguintes cuestións:

      1. Por que che gusta este instrumento?
      2. En que agrupación musical che gusta máis escoitalo?
      3. Cando o escoitaches por primeira vez?
      4. Escoitáchelo en directo ou gravado?

      Podes facer un debuxo (ou descrición) do teu instrumento favorito e se queres, o que sentes cando o escoitas.

  • Clasificamos os instrumentos

  • Letras Galegas 2020

    Cantamos con Carvalho Calero

    • Hoxe déixovos un concurso que vos pode ser familiar. 

      Se escoitastes a canción, e entendestes a letra con axuda podedes facer unha destas dúas cousas: 

      1. Tratar de facer este xogo, con tres intentos errados e enviarme a vosa puntuación no concurso (como texto en liña), non contará para a nota, só é para aprender. 

      2. Facer un debuxo coa parte da canción que máis vos gusta. 

      NOTA: se tedes problemas no envío de tarefas ou nos adxuntos, podedes visitar este enlace: APOIOS TIC 

  • Os instrumentos de Vento

    • Con este documento aprenderemos moitas cousas sobre os instrumentos de vento e as súas características. 

      Aprenderemos a clasificalos segundo estas características e a forma en que se produce o son.

    • No Blog de Música podedes desfrutar de vídeos a modo de exemplo onde se vos presentarán diferentes instrumentos de vento e agrupacións onde teñen gran protagonismo. 

      Desfrutade.

    • Podes responder como "texto en liña". Non é necesario que volvas copiar as preguntas. 

      1. Nomea dous instrumentos de vento-madeira e dous de vento-metal. 

      2. Indica cal é o instrumento de vento que máis che chamou a atención. 

      3. Cal é o instrumento oculto na imaxe do xogo?

      Se vas engadir algún documento adxunto como unha imaxe ou pdf, por favor, podes nomealo como "3ºNomeCorda.jpg ou .pdf"

      Eu sería: "3ºLauraCorda.pdf"

      Unha aperta

  • O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL

    • O Prodixio dos Zapatos de Cristal

      Aquí podedes descubrir unha fermosa historia adaptada aos nosos días. 

      Gracias ao permiso que nos concedeu a Editorial Galaxia e o Consorcio de Santiago, podo achegarvos esta composición, que deixo no meu blog ata o mes de Xullo. 

      Atoparedes 3 vídeos que conforman unha historia. 

      Prestade atención e a soñar 

    • Escoita o conto e a música desta historia nos tres vídeos de arriba. Podes escoitalo en capítulos, como se fose unha serie, pero só terás as respostas ao final da historia. 

      Escoita o conto completo e responde: 

      • Quen trouxo os zapatos de cristal?
      • Conseguiu o rei casar coa moza que vestiu os zapatiños de cristal?
      • Gustouche a historia? por que?

    • Quen o queira poderá seguir a investigar sobre os instrumentos de Percusión e Electrónicos.

      A información está no blog de música. 

      Pero esta semana déixovos un conto musical, o que vos permitirá sacar tempo para facer outras entregas pendentes, nesta e noutras materias. 

    • Esta é a última tarefa de Música do curso,

      a data límite de entrega desta tarefa ou algunha das atrasadas será o 9 de xuño