Section outline
-
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS
-

Pensa no teu instrumento favorito e responde ás seguintes cuestións:
- Por que che gusta este instrumento?
- En que agrupación musical che gusta máis escoitalo?
- Cando o escoitaches por primeira vez?
- Escoitáchelo en directo ou gravado?
Podes facer un debuxo (ou descrición) do teu instrumento favorito e se queres, o que sentes cando o escoitas.
-
Clasificamos os instrumentos
-
Observo o documento pdf e penso no instrumento de corda que máis me chamo a atención.
Podo escoitalos directamente nos vídeos do blogue de música.
Podedes escribir un texto en liña ou enviar un documento adxunto, ou foto do que traballedes.
Tamén podedes facer algún debuxo e enviarmo ao meu correo do blogue: lauramusicaemais@gmail.com
Facede O QUE VOS SEXA MÁIS CÓMODO.
Boa Semana!
-
Letras Galegas 2020
Cantamos con Carvalho Calero

-
Hoxe déixovos un concurso que vos pode ser familiar.
Se escoitastes a canción, e entendestes a letra con axuda podedes facer unha destas dúas cousas:
1. Tratar de facer este xogo, con tres intentos errados e enviarme a vosa puntuación no concurso (como texto en liña), non contará para a nota, só é para aprender.
2. Facer un debuxo coa parte da canción que máis vos gusta.
NOTA: se tedes problemas no envío de tarefas ou nos adxuntos, podedes visitar este enlace: APOIOS TIC
-
Os instrumentos de Vento

-
Con este documento aprenderemos moitas cousas sobre os instrumentos de vento e as súas características.
Aprenderemos a clasificalos segundo estas características e a forma en que se produce o son.
20.9 MB -
No Blog de Música podedes desfrutar de vídeos a modo de exemplo onde se vos presentarán diferentes instrumentos de vento e agrupacións onde teñen gran protagonismo.
Desfrutade.
-
Podes responder como "texto en liña". Non é necesario que volvas copiar as preguntas.
1. Nomea dous instrumentos de vento-madeira e dous de vento-metal.
2. Indica cal é o instrumento de vento que máis che chamou a atención.
3. Cal é o instrumento oculto na imaxe do xogo?
Se vas engadir algún documento adxunto como unha imaxe ou pdf, por favor, podes nomealo como "3ºNomeCorda.jpg ou .pdf"
Eu sería: "3ºLauraCorda.pdf"
Unha aperta
-
-
O PRODIXIO DOS ZAPATOS DE CRISTAL

-
O Prodixio dos Zapatos de Cristal
Aquí podedes descubrir unha fermosa historia adaptada aos nosos días.
Gracias ao permiso que nos concedeu a Editorial Galaxia e o Consorcio de Santiago, podo achegarvos esta composición, que deixo no meu blog ata o mes de Xullo.
Atoparedes 3 vídeos que conforman unha historia.
Prestade atención e a soñar
-
Escoita o conto e a música desta historia nos tres vídeos de arriba. Podes escoitalo en capítulos, como se fose unha serie, pero só terás as respostas ao final da historia.
Escoita o conto completo e responde:
- Quen trouxo os zapatos de cristal?
- Conseguiu o rei casar coa moza que vestiu os zapatiños de cristal?
- Gustouche a historia? por que?
-