PROCESO

A realización desta webquest será individual e en gran grupo.
Primeiro:
- Todos os alumnos e alumnas, de forma individual, completaredes o "guión de pescuda de información" coas ligazóns que se facilitan.
- Guión de traballo. A información que reflictades neste esquema serviravos de axuda para realizar o mural. O guión estará á vosa disposición na no seguinte arquivo: cuestionario_filgueira_2015.
Segundo:
- A clase dividirase en dous grupos con similar número de alumnos (un con 13 e o outro con 14). Cada un dos grupos será o responsable de elaborar un mural, seguindo as mesmas directrices.
Terceiro:
- En cada un dos grupos formaranse tres equipos de traballo:
- Debuxantes. Farán unha caricatura xigante para o mural. Poderán usar a PDI da aula para marcar a caricatura.
- Escritores: Montarán o texto da vida e obra. Primeiro crearán as frases nun documento de Office Writer titulado: "Vida e obra de Filgueira Valverde"; Despois imprimiranas e colorearanas.
- Fotógrafos: Seleccionarán as mellores imaxes e retocaranas con Pirxl para logo imprimilas e colocalas no mural.
Cuarto:
- Unha vez que teñades todo o material necesario para realizar o mural, iredes á sala multiusos, por grupos pequenos, e alí comporedes as dúas obras finais.
Quinto:
- Unha vez rematado o traballo montaremos os murais no seu lugar: a sala de entrada do centro e a parede-expositor da biblioteca.