No caso dos rapaces con diversidade funcional son moitas as necesidades que se presentan neste proceso de transición. Por iso, é preciso traballar con anterioridade as competencias relacionadas coa autonomía e o coidado persoal, o coñecemento do entorno e as habilidades sociais.
A selección dos obxectivos faise atendendo ás necesidades educativas de cada alumno e alumna, tendo en conta as capacidades que se pretenden densenvolver, así como, o tipo de aprendizaxe e os intereses do alumnado. Pretendemos lograr os seguintes obxectivos:
- Traballar en ámbitos de experiencia abertos e flexibles.
- Realizar actividades que tiveran un marcado carácter funcional.
- Prestar atención aos aspectos relacionados coas capacidades motrices e a comunicación.
- Desenvolver os coñecementos instrumentais básicos, partindo do nivel no que se atopara cada alumno.
- Potenciar a autonomía persoal na vida diaria.
- Fomentar a integración social e comunitaria.