Titoras, profesorado de educación física, plástica, música, mestras de audición e linguaxe, fisio, coidadores, e resto de axentes educativos. Esta etapa consta de cinco aulas de 4 a 5 alumnos/as que van dende os 8 aos 16 anos, e nela traballamos conxuntamente para poder desenvolver unha serie de obxectivos comúns, entre os que destacamos: desenvolver a autonomía persoal do alumnado (segundo as súas capacidades individuais); coñecer as normas e hábitos de comportamento social básicas; desenvolver ao máximo a comunicación xestual, oral, escrita, e no seu caso, alternativa; desenvolver valores que permitan ao alumnado actuar con respecto e tolerancia; procurar o benestar físico do alumnado (saúde, hixiene, alimentación, afectividade, etc…); procurar o desenvolvemento motor do alumnado, entre outras que axudarán a completar o proceso desta primeira etapa.
- Aula virtual
- O Centro
- O noso centro
- Secretaría
- Documentos
- Servizos
- Calendario
- Ensinanzas
- Equipos
- Proxectos
- Club deportivo
- Contame un conto
- Experimentarte
- MeteoEscolas
- Recicla con sogama
- Leite e froita na escola
- Galeria
A etapa básica do CEE de Vilagarcía forma parte do primeiro proceso do desenvolvemento do noso alumnado. Nela están implicados diferentes profesionais: