| Club Deportivo O mércores 12 de febreiro, retomamos a participación nas diferentes disciplinas deportivas da Federación Galega de Deporte Adaptado. Nesta ocasión tocounos participar na primeira xornada de fútbol sala, pero isto so acaba de empezar, xa que, temos por diante xornadas de campo a través, baloncesto, fútbol 8 e atletismo. Este regreso representa un paso importante na nosa misión de promover a inclusión, a igualdade de oportunidades e o benestar a través do deporte. |
|
|