A relación de material didáctico e complementario para cada curso académico será proporcionado pola titora ou titor de cada grupo, unha vez realizada a avaliación inicial do alumnado.
O alumnado que curse as etapas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria ten acceso ao fondo solidario de libros de texto. Ser beneficiario destas axudas para adquirir material escolar será compatible con calquera outra axuda para a mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas.
O alumnado de programas formativos de FP básica non está contemplado na convocatoria de FondoLibros pero dispón das Bolsas xerais para estudos non universitarios .