• Inicio
  • O centro
    • Datos do centro
    • Documentos
    • Oferta Educativa
    • Organigrama
    • Outros datos
  • Secretaría
    • Escolarización
    • Formularios
    • Material escolar
  • Servizos de apoio
    • Bolsas
    • Comedor
    • Transporte
  • Programacións
  • Calendario

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos do centro
    • Documentos
    • Oferta Educativa
    • Organigrama
    • Outros datos
  • Secretaría
    • Escolarización
    • Formularios
    • Material escolar
  • Servizos de apoio
    • Bolsas
    • Comedor
    • Transporte
  • Programacións
  • Calendario

Miga de pan

  • Inicio
  • Escolarización

Escolarización

Alumnado con necesidades educativas especiais que require modificacións significativas do currículo en parte ou en todas as áreas ou materias, e que precisa a utilización de recursos moi específicos ou excepcionais, necesidades que non poidan ser atendidas e recursos que non poidan facilitarse dentro das medidas de atención á diversidade dos centros docentes ordinarios.

O alumnado con necesidades educativas especiais pode escolarizarse nun centro de educación especial a tempo completo ou de forma combinada entre dito centro e o seu centro ordinario.

Esta escolarización é diferente a escolarización nos centros ordinarios. Para a escolarización dunha alumna ou alumno con necesidades educativas especiais nun centro de educación especial serán necesarios:

  1. O ditame de escolarización, realizado polos servizos de orientación.
  2. O informe do servizo territorial de Inspección Educativa.
  3. A autorización do Departamento Territorial que corresponda ou, no seu caso, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa. Cando se trate de escolarizacións combinadas, a autorización especificará os tempos que a alumna ou alumno estarán en cada centro.

 A escolarización do alumnado para o que se precisou un ditame de escolarización estará suxeita a un proceso de seguimento periódico, por parte da xefatura do Departamento de orientación do centro docente, polo que se revisará nos prazos que se establezan no propio ditame. En todo caso, a revisión da escolarización do alumnado nunha modalidade diferente da ordinaria levarase a cabo, alomenos, ao final de cada curso académico, salvo, en educación infantil, no que a revisión realizarase ao término de cada trimestre do curso escolar.

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CEE Nosa Señora do Rosario