Pintura en relevo de secado rápido.

Para este experimento necesitaremos o forno microondas. Mesturamos 3 culleradas de fariña con 1 cullerada de fermento químico, 3 culleradas de sal e 9 culleradas de auga para formar unha pasta.

Separámola en partes e tinguimos cada unha da cor desexada con colorantes alimenticios ou con témperas. Pintamos con ela sobre papel groso ou cartón (o papel normal humedécese moi rápido).

Cando terminamos de debuxar poñemos a folla dentro o forno microondas e cocémola por uns 30-40 segundos, veremos como a pintura ínflase no forno mentres se vai cocendo. Para saber se xa está listo o debuxo en relevo, a pintura debe estar seca.

Pintura en relevo de secado ao aire.

Para preparala debemos mesturar cola branca e escuma de afeitado por partes iguais, e logo colorearla con témperas ou colorantes alimenticios.

Neste caso tamén é aconsellable que o papel non sexa moi delgado e unha vez que terminásemos de pintar, debemos deixar secar 1 día enteiro.

Última modificación: domingo, 3 de maio de 2020, 10:50 AM