Ingredientes necesarios

  • 2 cuncas de fariña de millo
  • 1 cunca de auga fría
  • 4 1/2 cuncas de auga quente
  • colorantes alimentarios

Paso a paso da pintura para dedos

Nun cazo, mesturade a fariña de millo coa auga fría ata lograr unha mestura compacta. Incorporade a auga quente da pouco, mesturando continuamente.

Levade o cazo a lume lento por poucos segundos, removendo constantemente, ata que espese. Retirar do lume.

Logo, separade a mestura en frascos ou vasos e incorporade os colorantes. Mesturade ben e listo! 

Se por algún motivo a mestura quédavos moi líquida, agregade un pouco máis de fariña de millo ou quentade a mestura suavemente mentres continuades mesturando ata obter a consistencia desexada.

Ao arrefriarse quedará máis compacta, polo que se o desexades podedes agregar un pouco de auga morna e remover ata obter a consistencia desexada.

Pódese conservar uns días na neveira, nun bote con tapa ou cuberto con filme transparente.

Última modificación: sábado, 2 de maio de 2020, 12:15 PM