Masa de nubes
Requisitos do completado
A masa de nubes é unha especie de plastilina cunha textura moi parecida á area, que se amolda con facilidade para que os nenos poidan dar forma ás figuras. É un material moi útil para desenvolver a sensibilidade táctil e estimular a súa motricidad fina.
Para preparar masa de nubes caseira só necesitas:
- Un bol
- 4 cuncas de fariña de trigo
- 1 cunca de aceite de bebé ou de aceite de xirasol
- Colorante alimentario (opcional)
Para empezar a preparar a masa debes colocar a fariña dentro do bol e ir engadindo o aceite de forma paulatina mentres amasas a mestura. Para darlle cor á masa podes agregar un pouco de colorante alimentario ao aceite ou se prefires, colocalo directamente sobre a masa e mesturalo.
O ideal é que amases a mestura ata que consigas unha consistencia similar á plastilina. Lembra que a masa debe desfacerse con facilidade.
Última modificación: domingo, 3 de maio de 2020, 10:50 AM