Unha forma diferente de experimentar coas cores e as texturas.

INGREDIENTES E MATERIAIS

  • Auga
  • Colorante alimentario
  • Vasos (tantos vasos como cores distintas queiramos facer)
  • Cubeta de xeo
  • Papel
  • Pauciños de xeados ou de médico. Tamén podedes usar pinzas de tender a roupa desmontadas.

PROCEDEMENTO

A preparación é moi sinxela. O único que habemos de facer é engadir colorante alimentario á auga. Aconséllovos engadir bastante colorante para que o trazo ao pintar sexa forte, aínda que tamén vai a gustos persoais.

Podemos facer tantas cores como queiramos.

Unha vez temos a auga de cores poñémola na cubeta de xeo, colocamos un palito en cada oco e ao conxelador!

Última modificación: domingo, 3 de maio de 2020, 10:50 AM