BOLSA SENSORIAL CON XEL

Para crear esta bolsa sensorial só necesitaredes:

  • Bolsa zip para conxelar
  • Xel fixador para o pelo
  • Cinta adhesiva
  • Purpurina, canicas, letras, cunchas…basicamente, calquera cousa que poidan mover e deslizar coas súas mans a través do xel.

Enchede a bolsa con xel, xa que é un bo recurso xa que ao ser bastante denso require unha maior manipulación.

Despois escollede que tipo de materiais queredes mesturar co xel, por exemplo: letras de goma eva, botóns de cores e de distintos tamaños, canicas e purpurina…

É importante apertar a bolsa o máximo que poidades para sacar todo o aire e pechade a bolsa. Comprobade que está ben selada. E comprobádeo outra vez!

É recomendable selar as bolsas por arriba con cinta adhesiva grosa para que non poidan abrilas. Tamén podemos reforzar os laterais para evitar posibles fugas.

Estas bolsas non só son unha excelente experiencia sensorial senón que a súa manipulación favorece o desenvolvemento óculo-manual e a motricidade fina mentres moven os obxectos por dentro da bolsa empuxándoas cos dedos.

 

BOLSA CON ESCUMA DE AFEITAR E COLORANTE

Encher as bolsas de conxelar con escuma de afeitar, engadir colorante e mesturar ben.

Coa presión e o movemento, o colorante tinguirá a escuma e mesturásense as cores creando unha experiencia visual marabillosa.

 

BOLSA CON ACEITE DE BEBÉ E COLORANTE

Collede a bolsa para conxelar e enchédea con aceite hidratante para bebé. Engadide algunhas pingas de colorante alimentario e un pouco de auga.

Se queredes conseguir o efecto de lámpada de lava, asegurarvos de poñer pouca auga e engadila sempre ao final.

Sacade todo o aire que poidades e pechade a bolsa. Asegurade os laterais con cinta adhesiva e a gozar.

Última modificación: domingo, 3 de maio de 2020, 10:49 AM