Pintura de dedos
Ingredientes necesarios
- 2 cuncas de fariña de millo
- 1 cunca de auga fría
- 4 1/2 cuncas de auga quente
- colorantes alimentarios
Paso a paso da pintura para dedos
Nun cazo, mesturade a fariña de millo coa auga fría ata lograr unha mestura compacta. Incorporade a auga quente da pouco, mesturando continuamente.
Levade o cazo a lume lento por poucos segundos, removendo constantemente, ata que espese. Retirar do lume.
Logo, separade a mestura en frascos ou vasos e incorporade os colorantes. Mesturade ben e listo!
Se por algún motivo a mestura quédavos moi líquida, agregade un pouco máis de fariña de millo ou quentade a mestura suavemente mentres continuades mesturando ata obter a consistencia desexada.
Ao arrefriarse quedará máis compacta, polo que se o desexades podedes agregar un pouco de auga morna e remover ata obter a consistencia desexada.
Pódese conservar uns días na neveira, nun bote con tapa ou cuberto con filme transparente.