Saltar navegación

Debate

Debate: Acto de comunicación e exposición de ideas diferentes sobre un mesmo tema entre dúas ou máis persoas, o que será máis completo a medida que os argumentos expostos vaian aumentando en cantidade e en solidez dos seus motivos.

A partires dun tema seleccionado en asemblea no grupo-aula, cada contendiente terá que recoller nunha plataforma como Trello todas as argumentacións e contra-argumentacións para levar a cabo na discusión pero…Imos debater en directo!!
A través do uso dunha app para dispositivos multitáctiles como Touchcast realizarase un programa de TV en directo e multicámara na que realizaredes un programa de TV en vivo gravando as diferentes posturas dos equipos que debaten así como a do equipo moderador.

Deixámosvos os titorias para Trello e Touchcast aquí debaixo.