Saltar navegación

A cizaña

Imaxe portada comic A cizaña

Astérix e Obélix é unha serie de historietas en cómic creada por dous autores franceses chamados René Goscinny e Albert Uderzo. Apareceu por primeira vez o 29 de outubro de 1959 na revista "Pilote". É unha das historias francesas de máis éxito sendo traducida a moitos idiomas e distribuída por todo o mundo.

A característica principal deste cómic é que mestura situacións divertidas, que atraen a un público infantil e xuvenil, con detalles históricos da cultura clásica que gusta a un público máis adulto.

Nos cómics desta colección retrátase a historia dunha aldea gala na que viven diversos personaxes, sendo os principais Astérix e Obélix. As lexións romanas dirixidas por Julio César están en continuos ataques contra A Galia para conseguir conquistala.

No episodio da Cizaña o Senado de Roma négase a buscar fondos para novas conquistas polo que Julio César quere acabar coa aldea de Astérix, outra vez. Para conseguir o seu obxectivo envía a un cultivador de cizaña, un romano que ten o don de causar disputas. O xeito de actuar é intentar dividir aos habitantes e poñelos en contra uns dos outros.