Saltar navegación

The Golden Gate

The Golden Gate

Golden Gate Bridge. Imaxe de Rich Niewiroski Jr. en Wikimedia. Licenza CC-BY

The Golden Gate é unha das máis famosas pontes de Estados Unidos, referente en multitude de filmes e fotografías que nos chegan do outro lado do charco.
Une a península de San Francisco polo norte co Sur do condado de Marin. Recibe o seu nome do estreito de Constantinopla, “A Ponte Dorada” que une Asia con Europa. Construíuse nos anos trinta e, debido ao crack económico do 29, tívose que recurrir á financiación privada para terminar a súa construcción.
Actualmente circulan cada día por el ao redor de 100.000 vehículos. E é unha das poucas pontes que conta cunha rede de protección para evitar a alta tasa de suicidios.