Blíppalo!
Tes no teu arsenal de recursos varios sitios web onde atopar obxectos 3D gratuítos. Decidide no grupo cal deles escoller para o voso proxecto de ponte e utilizalo na plataforma BlippAR seguindo o titorial en vídeo que vos achegamos, para construír una experiencia de Realidade Aumentada.
Lembra, os obxectos 3D que podes utilizar en BlippAR teñen que estar en formato FBX, polo que tes que telo en conta cando fagas a procura de obxectos 3D na Rede. Repasa o elemento de coñecemento relativo a “buscar na Rede de forma complexa” do capítulo En Común.
Tamén terás que convertilo ao formato que precisa a plataforma BlippAR, polo que será mellor que mires nesta guía para averiguar os pasos a seguir.
Se queres probar como se visualiza co modelo do vídeo, so tes que utilizar a app de BlippAR apuntando a imaxe que está aquí abaixo e introducindo o código 531005 como se amosa no vídeo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0