Saltar navegación

Información e grafismo? Infografismo

Descubride que elementos e información son necesarios para elaborar unha imaxe infográfica:

Infografía

Mensaxe

O máis imporante é enviar unha mensaxe que cumpra co cometido de explicar, dun xeito potente e atractivo, os conceptos facendo uso de todos os elementos que temos á nosa disposición.

Dinamismo

Amosar cuestións mediante elementos dinámicos ou facendo uso de bloques de información que se explican por si mesmas, o uso do texto necesario para facelo resulta mínimo.

Obxectos

Explicar conceptos matemáticos ou estadísticos mediante obxectos require un achegamento creativo e unha construción diferente coa finalidade de simplificar os datos e facer atractiva a mensaxe.

Formas

Facer uso de formas complexas, recoñecibles e coloristas ou simples, abstractas e planas? As dúas opcións son interesantes e serven para diferentes propósitos.

Estética

A estética é esencial e resulta, en si mesma,  parte da mensaxe. É preciso que se teña en conta as cores, a tipografía utilizada e, sobre todo, a composición para dar unha imaxe acorde ao que se quere transmitir.

Linguaxes

Permítennos aproximarnos a conceptos complexos ou con moitos elementos para explicalos de forma sinxela usando diferentes linguaxes: textuais e visuais.

Actividade

Localizade alo menos 10 cuestións relevantes sobre o film e creando unha infografía interactiva con Genial.ly explicádeas. Incorporade algún vídeo exposto nalgunha das plataformas audiovisuais onde apareza o director desta obra falando da súa obra.