Saltar navegación

Cine e vídeo

 
Fotograma película 2001
Fotograma da película 2001 Odisea no espazo

Filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea. Conta a historia dunha viaxe a Xúpiter coa computadora Hal despois do descubrimento dun misterioso monólito negro que afecta á evolución do home. No filme trata os temas do existencialismo, a evolución humana, a tecnoloxía, a intelixencia artificial e a vida extraterrestre. Fonte Wikipedia