Este titorial céntrase na avaliación e cualificación de tarefas nos cursos Platega. O titorial para crear e configurar unha Tarefa está no Espazo de apoio á CREACIÓN de cursos Platega > ... > Configurar unha tarefa con "Guía de corrección"
_____________________________________
O labor titorial desempeña un dos seus cometidos principais na avaliación e cualificación das tarefas. Débese proporcionar aos participantes unha cualificación de acordo coa escala elixida para a tarefa acompañada ---e isto é tal vez o máis importante--- de un feedback ou comentario no que se resalten as fortalezas e as debilidades da tarefa, as primeiras para reforzar a motivación do participante e as segundas para mellorar e afondar a súa aprendizaxe.
O feedback devolto ao participante debe ir, polo tanto, máis aló dunha calificación literal ou numérica. Normalmente algúns comentarios son aplicables a diferentes participantes. Platega facilítanos gardar e reutilizar comentarios cando queiramos. Por exemplo, podemos escribir un comentario para un participante concreto e gardalo porque é previsible que ese mesmo comentario sexa válido para outros participantes.
Na imaxe da dereita amósase o libro de cualificacións dun participante ao rematar o curso. Na columna da dereita amósanse os comentarios feitos ou feedback a ese participante nas tarefas avaliadas, ademais das cualifucacións das tarefas e subcompetencias.
Lembra o establecido no Protocolo de titoriación dos cursos Platega, punto 15 parágrafo f)
A cualificación das tarefas realizarase nas tarefas así como a retroacción correspondente e nunca se fai no cualificador para evitar que se bloqueen cualificacións e non se amose aos participantes a retroacción anotada na propia tarefa (cualificando directamente no cualificador Moodle anula a opción de introducir comentarios nas tarefas configuradas con guía de corrección)