Moodle rexistra automáticamente as cualificacións das tarefas, foros etc. Pódese acceder ao Cualificador ou Libro de cualificacións desde dous sitios: o menú despregable do lateral esquerdo > Cualificacións ou desde o Menú de accións > Axustes do Libro de cualificacións.
Atoparás o titorial para configuralo nos Espazo de apoio á CREACIÓN de cursos Platega > ... > ... configura o cualificador: Axustes do Libro de cualificacións
1. Entra nas cualificacións

Asegúrate de ter ben configurado o Cualificador
2. Selecciona as lapelas "Ver" e "Informe do cuaificador". e amosaranse as cualificacións na vista Cualificador:


No cualificador a titoría pode realizar o seguimento das cualificacións dos participantes e as puntuacións que levan acadadas.
Desde o cualificador é posible acceder ao Libro de cualificacións de cada participante ou Informe de usuario e ver o seu estado en canto ás cualificacións obtidas, comentarios globais das tarefas e puntos obtidos ata o momento...
3. Selecciona a lapela informe de usuario, selecciona o usuario e amosaranse as cualificacións na vista Cualificador:

