En ocasións e por motivos moi diversos a titoría ten necesidade de recabar información sobre algún participante: lugares do curso que visitou, intervencións nos foros que fixo, tarefas que entregou etc. Vexamos como obter esta información:
1. Preme no menú superior participantes:

2. Amosaranse os datos e información do participante seleccionado:

3. Informe completo é, tal vez, a opción máis interesantes para a titoría pois ofrece unha visión completa da situación do participante:
- lugares do curso visitados,
- intervencións nos foros,
- tarefas entregadas cos comentarios da titoría e a cualificación etc.
Consulta este exemplo de Informe completo para visuaizar el tipo de informes dos teus titorandos que podrás consultar ao titorizar un curso Platega.
4. Esquema de informe é un informe moito más breve e menos detallado. Consulta este exemplo de Esquema de informe.
5. Rexistros ou accesos do participante ao curso. Moodle rexistra todos os accesos de cada participante ao curso virtual anotando en que partes do curso entrou e mesmo anota desde que IP se conectou, dato que as veces é práctico para detectar plaxio entre participantes. Eemplo de informe "Todos os rexistros":

Estes informes aportan información suficiente para facer un seguimento dun participante co nivel de detalle que precisemos.