Saltar navegación

Embeber código HTML

 
  1. Embeber sitios web en Moodle ou eXeLearning
  2. Ancho dos multimedia embebidos adaptable á pantalla
  3. Embeber contidos multimedia

En canto aos dereitos de propiedade intelectual dos contidos embebidos, en xeral calquera servizo que é público e ofrece código para embeber, é dicir, incrustar o contido multimedia no noso espazo virtual (curso virtual, blog, web...), está permitido. Tamén a descarga se así o posibilita o propio sitio.

1. Embeber webs en Moodle ou eXeLearning.

Podemos embeber sitios web:

  • Dentro dunha etiqueta, páxina ou libro de Moodle
  • Dentro dun iDevice de eXeLearning

2. Ancho dos multimedia embebido adaptable á pantalla

Cando "embebamos" (vaia palabro!) código HTML copiado de Vimeo, Youtube, Prezi, LIM... podemos configurar un ancho fixo: si a ventá na que se mostre é máis estreita que o ancho configurado no código o multimedia aparecerá cortado pola dereita. E si o ancho da ventá e maior, encherase con espazos en branco.

Podemos inserir o código HTML que adapte automáticamente o ancho do multimedia inserido ao ancho da ventá na que se mostre. Segue estes pasos:

3. Embeber contidos multimedia:

Para incrustar contidos multimedia nos paquetes de contidos de eXeLearning ou nos cursos virtuais de Moodle empregaremos o seu código HTML.

1º Localizamos e copiamos o código HTML do contido multimedia na súa páxina de orixe.

2º Colamos en eXeLearning, Moodle... ese código HTML

Empezamos polo 2º

2º Como colar o código HTML en eXe ou Moodle:

O código HTML debe "embeberse" como código e non como texto. Para iso, debemos

    1. Premer na icona de edición de código HTML: Icona, embeber HTML
    2. Colar o código HTML.
    3. Gardar.

En Moodle 1.9:

En Moodle 2.6:

En eXeLearning:

Agustín Carracedo, Yolanda García e Pablo Camarero. Embeber código HTML en eXeLearning e Moodle. Licenza de atribución de Creative Commons (reutilización permitida)

1º Copiar o código HTML de...

Vexamos onde se localiza o código HTML <iframe> en diferentes páxinas de uso habitual:


Logotipo de Vimeo... vídeos de Vimeo


Logotipo de Youtube... vídeos de Youtube


Logotipo de LIM..Logotipo do Espazo Abalar. recursos LIM no Espazo Abalar


Logotipo do proxecto Descartes... esceas de Descartes JS


Logotipo de Geogebra... esceas de Geogebra


Logotipo de ISSUU... documentos publicados en ISSUU


Logotipo de Mindomo... mapas de ideas de Mindomo


Logotipo de Slideshare... presentacións de Slideshare


Logotipo de Prezi... presentacións Prezi


Logotipo de Google Drive... Google Drive


Logotipo de Constructor... Constructor 2.0


Logotipo de Educaplay... EducaPlay


Logotipo de RTVE... RTVE

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)