Listas
Infórmate
As listas son agrupacións de elementos (ítems) que están relacionados entre sí. Existen dous tipos de listas:
1. Desordeadas: a orde dos elementos da lista non é crucial para entender a información, por exemplo:
- Patacas
- Aceite
- Ovos
- Sal
2. Ordeadas: a orde dos elementos é importante para entender a información ou se trata dunha enumeración lóxica, por exemplo:
- Pelar as patacas
- Trocearlas
- Fritilas

Iconas para crear listas. Gloria Rivas CC BY-SA
Para crear as listas en eXe debemos saber que se metemos unha lista ordeada dentro dunha desordeada, non a recoñece, e sempre sairán ambas as dúas desordeadas, aínda que o código estea ben escrito. Polo tanto, dentro dunha lista ordeada sempre irá unha desordeada, e non ao revés.
Pero se queremos incluír unha lista desordeada dentro dunha ordeada debemos:
- Escribir as dúas listas nunha soa.
- Seleccionamos todo e damos ao botón de lista numerada.
- Logo, seleccionamos a parte que queremos sinalar como lista desordeada e pulsamos sobre o botón "Aumentar sangría".
- Seguidamente, coa selección aínda facemos clic sobre o botón "Lista desordeada", e xa temos as nosas listas aniñadas.
Código HTML...
Listas desordeadas: Estas listas márcanse co elemento
, e os ítems da lista co elemento

1. Desordeadas, por exemplo:

Patacas

Aceite

Ovos

Sal

Listas ordeadas: márcanse usando o elemento
, e como nas anteriores, os ítems da lista márcanse tamén con

2. Ordeadas, por exemplo:

Pelar as patacas

Trocearlas

Fritilas

Actividade - Listas accesibles, ordenadas ou desordenadas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0

_01.13.50.jpg)