«Aí vai a derradeira!»
Introdución
Nesta unidade falamos do san Xoán e as súas cancións, relacionadas coas tarefas agrícolas do verano. Interpretaremos unha canción con acompañamento de instrumental Orff das aprendidas ao longo do curso, no marco dun proxecto en forma de Festival Fin de Curso. En caso de que o tempo non o permita abordaremos a interpretación de «Apaga o candil» como canción de despedida, cantada (ou ben coas frautas) a dúas voces (se é posible); no caso de escollela trataremos o valse como xénero popular galego.

Ligazón ao pdf desta UDI 9
Obxectivos
Nesta UDI contribuiremos á consecución dos seguintes obxectivos, establecidos no DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade ni por outros motivos.
j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0