Saltar navegación

Apaga o candil

Cantar e tocar coas frautas (neste caso coa nota re na segunda frauta e cuarto compás) a peza popular de todos coñecida. Non todas as letras presentadas sonlle propias, pero si facilmente adaptables.

(Con melodía en flautas)
(Sin melodía)

Apaga o candil Marica chús, chús,

apaga o candil que ten moita lus,

que ten moita lus moita claridá,

apaga o candil e achégate alá.

A túa nai é chiculate,

e o teu pai, chiculateiro,

a túa nai lambe as cazolas,

o teu pai lambe os pucheiros (bis).

Ai la le lo, ai la la lo.

 

Apaga o candil Marica chús, chús...

Alá vai a despedida,

alá vai a derradeira;

acabouse o chiculate,

rompeu a chiculateira (bis).

Ai la le lo, ai la la lo.

 

Apaga o candil Marica chús, chús...

Pasei por la túa porta

e mirei polo cerrollo;

a ladra da túa nai

meteume un pau por un ollo (bis).

Ai la le lo, ai la la lo. 

 

Apaga o candil Marica chús, chús...

A despedida che dou

e con esta doce van;

vaite ti con Dios, rapaz,

hasta o día de San Xoán (bis).

Ai la le lo, ai la la lo.

 

Apaga o candil Marica chús, chús...


 

 

Ficheiros adxuntos

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0