Saltar navegación

Letra e vídeos

Cantar «A voz das Evas»

Coa letra proxectada, escoitar a Leilía interpretando «A voz das Evas». Acompañar con PC e IPAI. Cantar sobre a gravación.
Base para catro estrofas (a escoller) Base para as sete estrofas
Escoita, vai escoitando,

non toda a vida é tormento,

dos corazóns xorde o canto,

medra no traballo lento.

  

 Escolle, vai escollendo

de toda a festa o cantar,

o que lle ten sentimento,

o que mellor vai soar.

  

 Escolle, vai escollendo,

aprendendo, preguntando,

as Evas que tiña o mundo

qué pouquiñas van quedando!

  

 Recorda, vai recordando

qué rápido van os tempos,

o pandeiro no faiado,

o cantar levouno o vento.

Escoita, vai escoitando,

escolle, vai escollendo,

recorda, vai recordando

con orgullo e sentimento.

     

Con orgullo e sentimento

ollos pechados no canto

a voz tinxe o silencio

o pasado latexando.

     

Con orgullo e sentimento

a súa vida nos cantos,

cantos dos que van morrendo,

muiñeira dos camposantos.

Ficheiros adxuntos

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0