«Contos na lareira».
Cantar «A miña burriña»
Letra e música
Existen innumerables versións desta peza; aínda que non son coincidentes, decidimos unha intermedia que facilitara a comprensión de certos enlaces harmónicos, polo que tivemos que modificar a melodía respecto á maior parte delas: 
vai toda enfariñada, cheíña de frío; cheíña de frío e máis de xeada, ai! A miña burriña sempre vai cargada. Anque vou pra o fiadeiro non vou por fiar na roca, vou por toca-lo pandeiro, ai! que esta noite a min me toca. A miña burriña cando vai ó muíño... Esta noite hei de ir a verte, nena non me teñas medo, déixame a porta atrancada, ai! cunha palla de centeo. A miña burriña cando vai ó muíño... E esta noite e maila outra e maila outra pasada, abalei unha pereira, ai! que nunca foi abalada. A miña burriña cando vai ó muíño... |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0